Friday 26 de April de 2024

30 nenos do colexio de Artes coñeceron hoxe diversas instalacións municipais


Trinta nenos e nenas do colexio de Artes visitaron hoxe diversas diversas instalacións municipais no marco da iniciativa “Coñece o teu Concello” que, impulsado pola Concellería de Educación, ten como obxectivo familiarizar aos nosos estudantes co funcionamento da administración máis próxima aos cidadáns.

A visita principiou pola Casa Consistorial de Riveira, onde tiveron a oportunidade de coñecer as dependencias e oficinas en que se distribúe o edificio, entre elas a nova Oficina de Atención Cidadá. O itinerario incluíu tamén o paso dos rapaces polo salón de plenos no que, ademais de seren recibidos polo rexedor Manuel Ruiz, unha das alumnas do centro educativo, Helena, exerceu de alcaldesa e mesmo se prestou a respostar con gran desenvoltura as preguntas formuladas polos seus compañeiros en relación á marcha do municipio.

A visita continuou pola sede da Policía Local e pola Biblioteca Pública situada na rúa Manuel Lustres Rivas.